top of page
Buscar

Concerto estrea Zoelas

  • Foto del escritor: Zoelas Grupo
    Zoelas Grupo
  • 25 feb 2016
  • 1 Min. de lectura

Os inicios custan pero tamén todos os esforzos teñen un bo resultado e todo chega...

O 2015 foi para nós o ano de transformar algúns soños en realidades. Logo de moito devanar, ensaiar, falar, cantar, crear, rir,...chorar, berrar,...equivocarnos e atinar; chegou o día!

Este venres fixemos a nosa estrea. Zoelas deu á luz un concerto cheo de ilusión; a ilusión da rapaza que estrea o vestido recén feito para ela. E coa inxenuidade da meniña que bota a andar os seus primeiros pasos sen pensar como será o camiño, pois o único importante para ela é que pode andar!!

Estamos moi agradecidas a tod@ a xente que nos veu arroupar este venres. Enténdese agora o dito de que @s "artistas" non son nada no esceario, senón son para o público.

Iniciamos esta andaina có desexo de agarrarnos, durante o camiño, a moitas mans, cada vez máis. E así manter a ilusión e as ganas de crear con toda a frescura que a creatividade precisa. E, como non, apertarnos ben forte pois os andares non son sempre doados.

Sentir o calor e a presenza de quen te apoia para ver sempre o vaso medio cheo e con moito por encher. Graciñas!!!

 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

Síguenos

  • Facebook Clean Grey
  • YouTube Clean Grey

© 2016 by ZOELAS (Todos os dereitos reservados)

bottom of page