top of page

O noso primeiro disco

51447753_2327410920623363_8361739857122295808_n.jpg
42247825_2140864712611319_5225144404997570560_n.jpg
flores patri imaxe contraportada.jpg

Matriarcado. 

O canto como berro. 

Zoelas. 

Música tradicional fusionada con outros estilos. 

Un dicire propio, que agroma do canto do País para pendurarse en arranxos que miran con outros e cos mesmos ollos. 

Todo está por escribir nun lenzo que sabe a monte, a Terra. Unha terra que ferve e que, máis tarde que cedo, botará por fora.

​

A muller e o rural galego. A convivencia xorda de dous mundos condenados a habitar no esquecemento. Cando buscas na rede imaxes da “muller galega no rural”, axiña asoman estampas de fazulas enxugadas, de cabelos silenciados por panos escuros e de apeiros de traballo que moi axiña se poñen a labrar.

 

Nós, que coñecemos o rural dende dentro e non a través da rede, sentimos orgullo desas mulleres que labraron (e aínda labran) os regos dun mundo cheo de contradicións. Mais tamén pensamos que esta imaxe non ten un nivel moi fidedigno de representatividade.

 

No rural hai ruído, xuventude, rabia. No rural as mulleres somos emprendedoras, innovadoras, creativas e soñadoras. Berramos nos silencios cómodos. Escribimos letras para esquecer ordes. Facemos música antes de ter instrumentos. No rural as mulleres estamos vivas. Cos cabelos revoltos. Co carro diante dos bois.
 

Todo isto con Juisconsin soando de fondo. 

 

Nesta estampa nace Zoelas. 

Sempre no intento de mergullarse nun rural vivo. 

De non esquecer de onde vimos. 

De amarralo sen fraquear. 

De conservar pero no cambio, non na permanencia.

De sentirnos vivas e non esmorecidas.

bottom of page