top of page

Gravación de maqueta

  • 12 dic 2015
  • 1 min de lectura

Coma na vida mesma, vivir e medrar transfórmanse en procesos únicos, en ilusións chegadas e en soños por cumprir. Convértense en sinfíns de experiencias, momentos compartidos e silencios infinitamente ruidosos. Ao igual que na vida, Zoelas camiña por un sendeiro novo. Coñece diferentes mundos e adentránse na fantasía de vivir.

A semana pasada chegamos a un roteiro polo que non tivemos transitado moito. Un estudo de gravación é para un músico amateur, o mesmo que un avión para un mochileiro sen temores. É o viaxe no momento preciso, tamén na compañía axeitada. Deixar a castidade para os que sofren o acougo e desacougar todo o noso e o voso sosego.

Estamos felices de poder amosarvos a primeira maqueta de Zoelas.

A primeira cría que se comeza a mover levando cores aos vosos lenzos. Aos lenzos dos silencios intratables. Non deixedes de ouvir música. Non deixedes de ouvirnos.

Grazas a Odaiko krea Producións polo seu bo facer, profesionalidade e xenerosidade. No mundo artístico hai aínda quen se move por instinto e non polo produto interior bruto. Brutal.

 
 
 

Comentarios


Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

Síguenos

  • Facebook Clean Grey
  • YouTube Clean Grey

© 2016 by ZOELAS (Todos os dereitos reservados)

bottom of page